10 de outubro de 2016

Taller Reproducibilidade en ciencia con R. Da minaría de datos á publicación

Enmarcado dentro da programación das III Xornadas de Usuarios R en Galicia, a Oficina de Software Libre e a Facultade de Matemáticas organizan un Taller de: «Reproducibilidade en ciencia con R. Da minaría de datos á publicación» impartido por Miguel Branco.

O taller presentará conceptos avanzados, polo que, está orientado a usuarios experimentados no uso do paquete estatístico R O taller levarase a cabo o día 20 de outubro de 18:15-20:00:

04 de outubro de 2016

Taller práctico e básico de R

Enmarcado dentro da programación das III Xornadas de Usuarios R en Galicia, a Oficina de Software Libre e a Facultade de Matemáticas organizan un Taller básico e práctico do paquete estatístico R impartido por María José Ginzo Villamayor.

O obxetivo do taller é introducir aos alumnos de maneira práctica no paquete estatístico R. O taller levarase a cabo o día 20 de outubro de 18:15-20:00 ata completar aforo (máximo 40 persoas) :

28 de setembro de 2016

Taller de instalación de GNU/Linux na Facultade de Físicas da USC

A Oficina de Software Libre do CIXUG, organiza un taller de instalación de GNU/Linux para estudantes da Facultade de Físicas da Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo do taller é a instalación e configuración do sistema operativo Ubuntu SOXUG, que se atopa dispoñible nos laboratorios de prácticas da Facultade de Físicas. ...

24 de setembro de 2016

Taller de instalación de GNU/Linux na Facultade de Matemáticas da USC

O GPUL e a Oficina de Software Libre do CIXUG, organiza un taller de instalación de GNU/Linux para estudantes da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo do taller é a instalación e configuración do sistema operativo Ubuntu SOXUG, que se atopa dispoñible nos laboratorios de prácticas da Facultade de Matemáticas. ...

21 de setembro de 2016

Taller de instalación de GNU/Linux na Facultade de Informática da UDC

O GPUL e a Oficina de Software Libre do CIXUG, organizan dous taller de instalación de GNU/Linux para estudantes da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

O obxectivo do taller é a instalación e configuración dosistema operativo Ubuntu 14.04, que se atopa dispoñible nos laboratorios de prácticas da Facultade de Informática. ...