O curso desenvolverase entre o 2 de setembro e o 14 de decembro de 2013, combinando a formación a distancia coa formación presencial, de acordo co seguinte esquema:
- Data de inicio da teleformación: luns 2 de setembro de 2013
- Data de finalización da teleformación: 24 de novembro de 2013
- Data de límite para a presentación do traballo final*: 14 de decembro de 2013
[* No desenvolvemento do curso, a cada persoa se lle comunicará por parte das titoras a data concreta na que deberá realizar esta presentación, así como os medios para facelo]
As sesións presenciais terán lugar nas seguintes datas e cos seguintes temas:
- Venres 6 de setembro: Sesión inaugural. Motivación
- Sábado 7 de setembro: Certificación e formación profesional
- Venres 13 de setembro: Competencias 2.0
- Sábado 14 de setembro: Marca persoal
- Venres 4 de outubro: Habilidades de comunicación e liderazgo I
- Sábado 5 de outubro: Habilidades de comunicación e liderazgo II
- Venres 18 de outubro: Emprego e Europa
- Sábado 19 de outubro: Prospección de empresas e presentación de proxectos
- Venres 8 de novembro: Emprendemento
- Sábado 9 de novembro: Emprendemento en Galicia. Economía social
As sesións presenciais desenvolveranse en horario intensivo os venres pola tarde de 16.00 h. a 20.30 h. e os sábados pola mañá de 9.30 h. a 14.00 h. no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago de Compostela.