Para superar o curso requírese:
- Completar a asistencia á totalidade das clases presenciais
- Visualizar e traballar todos os contidos dos módulos sobre a plataforma Moodle
- Realizar e superar todas as propostas de actividades individuais e grupais e o proxecto final
- Participar activamente no curso
Para verificar o cumprimento do requisito de asistencia, en todas as sesións presenciais se realizará un control de entrada e saída en cada unha delas mediante unha folla de sinaturas na que se rexistrará a entrada e a saída de cada alumno.
A folla de sinaturas correspondente estará dispoñible nun intervalo de 15 minutos da hora de inicio da sesión, e a de saída desde o momento en que a persoa que desenvolva a sesión presencial a dea por finalizada.
Ademais de cumprir os requisitos anteriores, a persoa participante haberá de conseguir unha avaliación de apto nas actividades avaliativas do curso, de acordo á seguinte ponderación:
ACTIVIDADE AVALIATIVA |
PONDERACIÓN |
Superación dos test dos diferentes módulos |
25% da nota final |
Superación de traballos/proxectos do curso |
50% da nota final |
Participación en foros e comunicación activa coas titoras |
5% da nota final |
Superación do traballo final individual |
20% da nota final |