O curso consta de 340 horas de formación, das que 45 horas serán presenciais a desenvolver en xornadas de venres pola tarde (16.00 h a 20.30 h) e sábado pola mañá (9.30 h a 14.00 h), ás que se suman as 295 horas de formación a distancia.
As sesións presenciais servirán para afianzar os conceptos máis importantes, resolver dúbidas e incidir de xeito práctico nos coñecementos adquiridos, rematando cada bloque cunha proba obxectiva de avaliación para determinar o nivel de aproveitamento por parte de cada persoa participante.
Os contidos a distancia desenvolveranse sobre a plataforma Moodle do CIXUG, polo que as persoas asistentes deberán dispoñer dos equipos e medios técnicos necesarios (ver apartado REQUISITOS TÉCNICOS PARA O SEGUIMENTO DO CURSO).
O programa do curso está composto polos seguintes bloques de contidos:
Bloque 1: marco conceptual
- Módulo 1: Marco de referencia da orientación laboral
- Módulo 2: Mercado laboral
- Módulo 3: A política social e de emprego na Unión Europea
- Módulo 4: Certificación e formación profesional
Bloque 2: marco persoal
- Módulo 5: A orientación laboral e as competencias
- Módulo 6: Orientacións para a empregabilidade
- Módulo 7: Desenvolvemento de competencias comunicativas. Intelixencia emocional
- Módulo 8: Habilidades e competencias sociais. Comunicación e liderazgo
- Módulo 9: Competencias dixitais para a orientación laboral. Emprego web 2.0
Bloque 3: marco instrumental
- Módulo 10: A intervención do orientador laboral I: intermediación laboral
- Módulo 11: A intervención do orientador laboral II: itinerarios de inserción
- Módulo 12: A intervención do orientador laboral III: procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións
- Módulo 13: A intervención do orientador laboral IV: análises de perfiles profesionais e prospección de emprego
- Módulo 14: A intervención do orientador laboral V: técnicas e ferramentas para o acceso ao autoemprego. Técnicas para presentación de proxectos
Bloque 4: Proxecto final
O proxecto final será a recompilación dos proxectos realizados ao longo do curso, realizarase a distancia e o alumnado disporá dun tempo para a súa creación baixo o apoio e a supervisión dunha titora, así como a súa posterior presentación fronte a unha comisión de avaliación.