Para superar o curso ponte requírese:
- Completar a asistencia a cando menos o 80% das sesións presenciais
- Visualizar e traballar os contidos dos temas sobre a plataforma Moodle
- Realizar todas as actividades individuais e grupais propostas e o proxecto final, acadando unha nota global en cada un destes apartados igual ou superior a 5 sobre 10
- Realizar todos os test e exames previstos no curso, acadando unha cualificación global neste apartado igual ou superior a 5 puntos sobre 10
- Participar activamente no curso
Para verificar o cumprimento do requisito de asistencia, en todas as sesións presenciais se realizará un control de entrada e saída en cada unha delas mediante unha folla de sinaturas no que se rexistrará a entrada e a saída de cada alumno. A folla de sinaturas correspondente estará dispoñible nun intervalo de 15 minutos da hora de inicio da sesión, e a de saída desde o momento en que a persoa que desenvolva a sesión presencial a dea por finalizada.
Ademais de cumprir os requisitos anteriores, a persoa participante haberá de conseguir unha avaliación de apto nas actividades avaliativas do curso, de acordo á seguinte ponderación:
ACTIVIDADE AVALIATIVA |
PONDERACIÓN |
PORCENTAXE POR MODALIDADE |
Probas obxectivas dos módulos |
30% da nota final |
40% da nota final |
Participación activa e seguimento do curso |
10% da nota final |
|
Actividades a distancia (individuais e grupais) |
10% da nota final |
30% da nota final |
Competencia dixital (artefactos, perfís profesionais...) |
20% da nota final |
|
Traballos finais (individual e grupal) | 30% da nota final | 30% da nota final |