O Curso Ponte para a obtención do título de Especialista Universitario en Orientación Laboral consta de 12 créditos ECTS, dentro dos que se contemplan 54 horas de formación presencial, a desenvolver en xornadas de venres pola tarde (16.00 h a 20.30 h) e sábado pola mañá (9.30 h a 14.00 h) no Centro de Novas Tecnoloxías Galicia dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, emprazado en Santiago de Compostela.
A formación complétase sumando ás sesións presenciais a formación a distancia, as actividades avaliativas, de repaso e o traballo persoal do alumnado ata totalizar as 300 horas que conforman o curso ponte.
As sesións presenciais servirán para afianzar os conceptos máis importantes, resolver dúbidas e incidir de xeito práctico nos coñecementos adquiridos, rematando cada bloque cunha proba obxectiva de avaliación para determinar o nivel de aproveitamento por parte de cada persoa participante
Os contidos a distancia desenvolveranse sobre a plataforma Moodle do CIXUG, polo que as persoas asistentes deberán dispoñer dos equipos e medios técnicos necesarios (ver apartado REQUISITOS TÉCNICOS PARA O SEGUIMENTO DO CURSO PONTE).
O programa do curso está composto polos seguintes módulos de contidos:
MÓDULO 1: MARCO CONCEPTUAL
Tema 1: actualización da análise do mercado laboral
Tema 2: a iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral
Tema 3: actualización do marco de referencia. Orientación laboral aberta
MÓDULO 2: MARCO PERSOAL
Tema 4: a orientación laboral aberta e as competencias
Tema 5: a web 2.0 para a orientación laboral
Tema 6: competencias dixitais para a orientación laboral
MÓDULO 3: MARCO INSTRUMENTAL
Tema 7: análise de perfis profesionais e prospección de emprego
Tema 8: técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e ao autoemprego
Tema 9: a elaboración do plan de empresa
MÓDULO 4: TRABALLO FINAL