“Curso Posgrao Especialización en Orientación Laboral. Ed. 2015”

Logo Ministerio Empleo Logo CIXUG Logo Xunta de Galicia
PROCEDEMENTO

Formulario de solicitude de matriculación para o Curso de Especialización en Orientación Laboral (edición 2017)

CÓD. PROCED.

FR1701A

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR
  1. Volante de Empadroamento
  2. Título Académico Universitario
  3. Documento de Identidade
  4. Copia simple do expediente académico

Esta documentación debe enviarse ao correo electrónico pol@cixug.es no prazo de 5 días naturais

NOTAS INFORMATIVAS

As prazas de matrícula son limitadas, cubríndose por orde de inscrición e atendendo ao cumprimento dos requirimentos esixidos.

A matrícula só se considerará formalizada mediante a presentación, nun prazo máximo de 2 días hábiles trala correspondente comunicación por parte da Secretaría Técnica do curso, do pagamento mediante ingreso do importe da matrícula (250 €) na conta que se lle indicará, incluíndo no concepto da transferencia o seu número de inscrición e o texto "Matrícula curso orientación". Unha copia deste ingreso deberá ser remitida ao enderezo electrónico secretariatecnica@cixug.es para a súa verificación. A non subsanación no prazo fixado dos requirimentos realizados desde o CIXUG poderá dar lugar ao desistimento da súa solicitude.

No caso de que actualmente estea a desempeñar labores de orientación ao amparo da ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016, debe facelo constar enviando un correo electrónico ao enderezo secretariatecnica@cixug.es indicando o seu código SICAS, a efectos de facilitar a xestión da súa axenda por parte do Servizo de Orientación Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

DECLARACIÓN

Co envío deste formulario, declaro que todos os datos contidos no mesmo, así como a restante documentación achegada por min en relación ao proceso de inscrición no curso de Postgrao de Especialización en Orientación Laboral son certos, aceptando que a detección de irregularidades nos mesmos con posterioridade á data de inicio do curso dará lugar á exclusión da formación, sen dereito a percibir a devolución das cantidades abonadas en concepto de matrícula.

 Os orixinais desta documentación estarán a disposición do CIXUG en calquera momento ao longo do desenvolvemento do curso a efectos de verificación.

AUTORIZACIÓN

(*) AUTORIZO expresamente ao CIXUG a verificar coa Consellería de Economía, Emprego e Industria a veracidade do posto de traballo actual indicado que desenvolvo dentro do SPEG (só para persoal do SPEG).

(**) AUTORIZO ao CIXUG a que comprobe e verifique a veracidade da titulación académica indicada neste formulario coa institución ou universidade que teña expedido o título acreditativo que se achega.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro, para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido ao CIXUG – Praza do Obradoiro s/n Pazo de San Xerome (15705) Santiago de Compostela, A Coruña, como responsable do ficheiro. Ditos datos persoais serán utilizados exclusivamente para a xestión administrativa e académica do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral e o CIXUG se compromete a respectar a confidencialidade dos seus datos e a utilizalos de acordo co fin indicado.

AUTORIZO ao CIXUG a cesión á Universidade da Coruña dos datos requiridos por esta para a xestión da matrícula e do expediente académico do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral.

AUTORIZO ao CIXUG a realizar as grabacións de son e imaxe (fotografía ou vídeo) que estime oportunas durante o transcurso das sesións presenciais deste curso nas que eu estea presente, co obxecto exclusivo de poder ser utilizado como material educativo e didáctico polo CIXUG, e a efectos de evidenciar a efectiva realización das actividades formativas perante as entidades cofinanciadoras.