O curso desenvolverase a partires do 1 de setembro, combinando a formación a distancia coa formación presencial que terá lugar os venres pola tarde en horario de 16.00 a 20.30 h, e os sábados pola mañá en horario de 9.30 h a 14.00 h. Realizarase tanto control de entrada como de saída nas sesións presenciais, polo que se prega puntualidade no acceso ás mesmas.
As sesións presenciais terán lugar na aula 17 do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Santiago de Compostela), coas seguintes temáticas:
- 01/09/2017: Presentación + A orientación laboral en Galicia
- 02/09/2017: O ecosistema TIC
- 08/09/2017: O mercado laboral e a iniciativa emprendedora. O deseño do modelo de negocio (método Canvas)
- 09/09/2017: Estratexias de orientación
- 15/09/2017: A elaboración do plan de empresa (parte I)
- 16/09/2017: O labor orientador dende un blogue
- 22/09/2017: Dinámicas grupais
- 23/09/2017: O noso PLE (Contorno Persoal de Aprendizaxe)
- 29/09/2017: Identidade dixital e reputación online
- 30/09/2017: A Intermediación laboral e a prospección de emprego e empresa
- 06/10/2017: A elaboración do plan de empresa (parte II)
- 07/10/2017: Dinamización de espazos socias para a orientación laboral
- 20/10/2017: Sesión de reforzo e revisión de dúbidas
- 15/12/2017: Sesión de clausura