O curso avanzado desenvolverase a partires do 26 de outubro, combinando a formación a distancia coa formación presencial que terá lugar os venres pola tarde en horario de 16.00 a 20.30 h, e os sábados pola mañá en horario de 9.30 h a 14.00 h. Realizarase control de sinaturas tanto na entrada como de saída nas sesións presenciais, polo que se prega puntualidade no acceso ás mesmas.
As sesións presenciais terán lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Santiago de Compostela), coas seguintes temáticas:
- 26/10/2018: o papel da intelixencia emocional na orientación laboral (1ª parte)
- 27/10/2018: o papel da intelixencia emocional na orientación laboral (2ª parte)
- 09/11/2018: análise financeira do plan de empresa
- 10/11/2018: análise económica do plan de empresa
- 23/11/2018: estratexia de curación de contidos efectiva
- 24/11/2018: xestión e mellora da sistemática de curación de contidos