“Curso Avanzado en Orientación Laboral. Ed. 2018”

Logo Ministerio Empleo Logo CIXUG Logo Xunta de Galicia
PROCEDEMENTO

Solicitude de matriculación no Curso Avanzado en Orientación Laboral (edición 2018)

CÓD. PROCED.

FR1903A

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE
  1. Volante de Empadroamento vixente (menos de 6 meses de antigüidade).
  2. Título Académico Universitario (ou certificado de telo solicitado) válido en España.
  3. Documento de Identidade vixente.

Esta documentación debe enviarse ao correo electrónico pol@cixug.es inmediatamente despois do envío da solicitude, indicando o número de solicitude

NOTAS INFORMATIVAS

As prazas de matrícula son limitadas, cubríndose por media do expediente académico en caso de superar o número máximo de prazas dispoñibles e atendendo ao cumprimento dos requirimentos esixidos. Por este motivo, de darse a circunstancia de que as solicitudes superen as prazas dispoñibles no plazo ordinario, poderalle ser requirido pola Secretaría do curso o envío do seu expediente académico

No caso de pertencer ao persoal da Consellería de Economía, Emprego e Industria debe indicar a dependencia na que presta os seus servizos no campo correspondente deste formulario, a efectos de verificar coa propia Consellería a exactitude da información.

No caso de que actualmente estea a desempeñar labores de orientación ao amparo da ORDE do 10 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de personal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2019, debe facelo constar enviando un correo electrónico ao enderezo pol@cixug.es indicando o seu código SICAS, a efectos de facilitar a xestión da súa axenda por parte do Servizo de Orientación Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

DECLARACIÓN

Co envío deste formulario, declaro que todos os datos contidos no mesmo, así como a restante documentación achegada por min en relación ao proceso de inscrición no Curso de Avanzado en Orientación Laboral son certos, aceptando que a detección de irregularidades nos mesmos con posterioridade á data de inicio do curso dará lugar á exclusión da formación, sen dereito a percibir a devolución das cantidades abonadas en concepto de matrícula.

Os orixinais desta documentación estarán a disposición do CIXUG en calquera momento ao longo do desenvolvemento do curso a efectos de verificación.

AUTORIZACIÓN

(*) AUTORIZO expresamente ao CIXUG a verificar coa Consellería de Economía, Emprego e Industria a veracidade do posto de traballo actual indicado que desenvolvo dentro do SPEG (só para persoal do SPEG).

(**) AUTORIZO ao CIXUG a que comprobe e verifique a veracidade da titulación académica indicada neste formulario coa institución ou universidade que teña expedido o título acreditativo que se achega.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Regulamento Xeral de Proteción de Datos (Regulamento UE 2016/679), infórmase que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro, para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido ao CIXUG – Praza do Obradoiro s/n Pazo de San Xerome (15705) Santiago de Compostela, A Coruña, como responsable do ficheiro. Ditos datos persoais serán utilizados exclusivamente para a xestión administrativa e académica do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral e o CIXUG se compromete a respectar a confidencialidade dos seus datos e a utilizalos de acordo co fin indicado.

AUTORIZO ao CIXUG a cesión á Universidade da Coruña dos datos requiridos por esta para a xestión da matrícula e do expediente académico do Curso Específico de Formación de Posgrao Avanzado en Orientación Laboral.

AUTORIZO ao CIXUG a realizar as grabacións de son e imaxe (fotografía ou vídeo) que estime oportunas durante o transcurso das sesións presenciais deste curso nas que eu estea presente, co obxecto exclusivo de poder ser utilizado como material educativo e didáctico polo CIXUG, e a efectos de evidenciar a efectiva realización das actividades formativas perante as entidades cofinanciadoras.