Para superar o curso, o alumno/a deberá:
- Asistir a un mínimo do 80% das horas das sesións presenciais (1 ausencia permitida como máximo).
- Superar a proba obxectiva prevista e ter revisado os contidos obrigatorios.
- Superar as actividades a distancia
Os criterios a aplicar na parte a distancia serán:
- A forma de valorar a evolución das aprendizaxes de cada persoa participante levarase a cabo a través das distintas actividades, que serán avaliadas e puntuadas pola titoría responsable. Comprobarase: a lectura dos contidos propios do curso; a realización das actividades onde se constate a adquisición dos contidos do curso; e participación en actividades individuais e grupais da aula.
- Valorarase a participación nos debates e propostas da aula.
Tamén se terán en consideración outros aspectos como as evidencias na adquisición das competencias e a constancia no seguimento do curso.
Para avaliar a adquisición das capacidades que conforman a competencia dixital, terase en conta as seguintes evidencias:
- Facilidade para a interacción a través de medios TIC
- Participación voluntaria nos espazos colaborativos que se determinen
- Mensaxes emitidos co "hashtag" propio do curso
A cualificación final (APTO/ NON APTO), estará determinada pola aplicación das seguintes ponderacións:
ACTIVIDADE AVALIATIVA |
PONDERACIÓN |
PORCENTAXE POR MODALIDADE |
Proba obxectiva do curso |
50% |
60% |
Participación activa e seguimento do curso |
10% |
|
Actividades a distancia (individuais e grupais) |
20% |
40% |
Competencia dixital (artefactos, perfís profesionais e dinamización) |
20% |