Curso de Introducción á Orientación Laboral Aberta Ed. 2018

Logo Ministerio Empleo Logo CIXUG Logo Xunta de Galicia
PROCEDEMENTO

Solicitude de matriculación para o Curso de Introducción á Orientación Laboral Aberta (edición 2018)

CÓD. PROCED.

FR1902A

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR AO FACER A SOLICITUDE
  1. Volante de Empadroamento en vigor (menos de 6 meses de antigüidade)
  2. Título Académico Universitario (ou certificado de telo solicitado) válido en España
  3. Documento de Identidade vixente

Esta documentación debe enviarse ao correo electrónico pol@cixug.es no prazo de 5 días naturais

NOTAS INFORMATIVAS

As prazas de matrícula son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición. Por este motivo, ao enviar este formulario recibirá vostede unha mensaxe de confirmación incidando o seu número de solicitude.

DECLARACIÓN

Co envío deste formulario, declaro que todos os datos contidos no mesmo, así como a restante documentación achegada por min en relación ao proceso de inscrición no Curso de Iniciación á Orientación Laboral Aberta son certos, aceptando que a detección de irregularidades nos mesmos con posterioridade á data de inicio do curso dará lugar á exclusión da formación, sen dereito a percibir a devolución das cantidades abonadas en concepto de matrícula.

Os orixinais desta documentación estarán a disposición do CIXUG en calquera momento ao longo do desenvolvemento do curso a efectos de verificación.

AUTORIZACIÓN

(*) AUTORIZO expresamente ao CIXUG a verificar coa Consellería de Economía, Emprego e Industria a veracidade do posto de traballo actual indicado que desenvolvo dentro do SPEG (só para persoal do SPEG).

(**) AUTORIZO ao CIXUG a que comprobe e verifique a veracidade da titulación académica indicada neste formulario coa institución ou universidade que teña expedido o título acreditativo que se achega.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Regulamento Xeral de Proteción de Datos (Regulamento UE 2016/679), infórmase que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro, para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido ao CIXUG – Praza do Obradoiro s/n Pazo de San Xerome (15705) Santiago de Compostela, A Coruña, como responsable do ficheiro. Ditos datos persoais serán utilizados exclusivamente para a xestión administrativa e académica da formación no ámbito da Orientación Laboral desenvolta polo Consorcio CIXUG, e este se compromete a respectar a confidencialidade dos seus datos e a utilizalos de acordo co fin indicado.

AUTORIZO ao CIXUG a realizar as grabacións de son e imaxe (fotografía ou vídeo) que estime oportunas durante o transcurso das sesións presenciais deste curso nas que eu estea presente, co obxecto exclusivo de poder ser utilizado como material educativo e didáctico polo CIXUG, e a efectos de evidenciar a efectiva realización das actividades formativas perante as entidades cofinanciadoras.