PECHADO O PRAZO DE MATRÍCULA
Para matricularse no Curso Avanzado en Orientación Laboral é necesario cubrir o formulario de preinscrición que se enlaza a continuación, así como achegar na conta de correo pol@cixug.es copia actualizada en soporte informático da seguinte documentación:
- Documento de identidade en vigor
- Certificado/volante de empadroamento actualizado e vixente (menos de 6 meses de antigüidade)
- Título universitario (ou certificado de expedición do título) válido en España
- NOTA IMPORTANTE: no caso de que o número de persoas solicitantes supere as prazas dispoñibles, pediráselle ás persoas inscritas que achegen copia do expediente académico universitario, xa que o criterio de acceso nese caso virá determinado pola nota media do expediente. De ser necesario, este documento seralle requirido posteriormente
Os documentos enviados deben ser copiados polas dúas caras, e o contido da copia debe ser completo, claro e lexible, sen esquinas recortadas.
ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Tras recibir a confirmación da preinscrición, disporá de tres días hábiles para realizar o ingreso do prezo da matrícula (150,00 euros) e remitir unha copia do modo que se lle indicará no correo electrónico de confirmación. Se transcorrido este prazo non fixese efectivo o pago, perderá o dereito á reserva de praza e esta pasará á seguinte persoa da lista de agarda.
NOTA 1: o prezo da matrícula encóntrase subvencionado polo cofinanciamento realizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, polo que non se aplicarán descontos adicionais sobre este importe.
NOTA 2: as titulacións que requiran de convalidación en España non serán admisibles se non se acredita esta homologación.
NOTA 3: esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.
NOTA 4: para aquelas persoas que se matriculen sen ter completado a súa titulación universitaria, será imprescindible estar en posesión do título universitario no momento de finalizar o curso de especialización para poder obter o título de posgrao. Non se conservará o expediente entre convocatorias.