O prazo ordinario de matrícula permanece aberto dende o 5 de agosto ata o 6 de setembro de 2019 (sempre que queden prazas dispoñibles). Non obstante, se superado este prazo continúa a haber prazas dispoñibles, manterase aberta a posibilidade de inscribirse entanto queden prazas dispoñibles e non comece o curso.
As persoas interesadas en inscribirse deberán cumprimentar o formulario de inscrición que se enlaza a continuación, así como achegar na conta de correo pol@cixug.gal copia en soporte informático da seguinte documentación, para poder verificar o cumprimento dos requisitos de acceso ao posgrao:
- Documento de identidade en vigor.
- Certificado/volante de empadroamento vixente (menos de 6 meses de antigüidade).
- Título universitario/certificado de expedición do título (válido en España)
- NOTA IMPORTANTE: no caso de que o número de persoas solicitantes supere as prazas dispoñibles, pediráselle ás persoas inscritas que achegen copia do expediente académico universitario, xa que o criterio de acceso nese caso virá determinado pola nota media do expediente. De ser necesario, este documento seralle requirido posteriormente
Os documentos enviados deben ser copiados polas dúas caras, e o contido da copia debe ser completo, claro e lexible, sen esquinas recortadas.
Proceso pechado
Tras recibir a confirmación da matrícula no correo electrónico indicado ao solicitar a inscrición, disporá de tres días hábiles para realizar o ingreso do prezo da matrícula (300,00 euros) na conta que se lle indicará na mensaxe, na que se incluirán as instrucións para remitir o xustificante do ingreso. Se transcorrido este prazo non fixese efectivo o pago, perderá o dereito á reserva de praza.
NOTA 1: o prezo da matrícula encóntrase subvencionado polo cofinanciamento realizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, polo que non se aplicarán descontos adicionais sobre este importe.
NOTA 2: as titulacións que requiran de convalidación en España non serán admisibles se non se acredita esta homologación.
NOTA 3: esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.
NOTA 4: para aquelas persoas que se matriculen sen ter completado a súa titulación universitaria, será imprescindible estar en posesión do título universitario no momento de finalizar o curso de especialización para poder obter o título de posgrao. Non se conservará o expediente entre convocatorias.