Curso de Introdución á Orientación Laboral Aberta. Edición 2020

Logo Ministerio Empleo Logo CIXUG Logo Xunta de Galicia
PROCEDEMENTO

Solicitude de matriculación no curso de Introdución á Orientación Laboral Aberta

Edición 2020

CÓD. PROCED.

FR2002A

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR
  1. Volante de Empadroamento en vigor (menos de 6 meses de antiogüidade).
  2. Título Académico Universitario (ou certificado de telo solicitado) válido en España.
  3. Documento de Identidade vixente.

Esta documentación debe enviarse de seguido ao correo electrónico pol@cixug.gal

 
NOTAS INFORMATIVAS

As prazas de matrícula son limitadas, cubríndose por orde de inscrición ata completar o número máximo de prazas dispoñibles e atendendo ao cumprimento dos requirimentos esixidos.

A matrícula só se considerará formalizada mediante a presentación, nun prazo máximo de 2 días hábiles trala correspondente comunicación por parte da Secretaría Técnica do curso, do pagamento mediante ingreso do importe da matrícula (50 €) na conta que se lle indicará, incluíndo no concepto da transferencia o seu número de inscrición e o texto "Matrícula curso iniciación". Unha copia deste ingreso deberá ser remitida ao enderezo electrónico pol@cixug.gal para a súa verificación. A non subsanación no prazo fixado dos requirimentos realizados desde o CIXUG poderá dar lugar ao desistimento da súa solicitude.

 
DECLARACIÓN

Co envío deste formulario, declaro que todos os datos contidos no mesmo, así como a restante documentación achegada por min en relación ao proceso de inscrición no Curso de Iniciación á Orientación Laboral Aberta son certos, aceptando que a detección de irregularidades nos mesmos con posterioridade á data de inicio do curso dará lugar á exclusión da formación, sen dereito a percibir a devolución das cantidades abonadas en concepto de matrícula.

Os orixinais desta documentación estarán a disposición do CIXUG en calquera momento ao longo do desenvolvemento do curso a efectos de verificación.

AUTORIZACIÓN

(*) AUTORIZO expresamente ao CIXUG a verificar coa Consellería de Economía, Emprego e Industria a veracidade do posto de traballo actual indicado que desenvolvo dentro do SPEG (só para persoal do SPEG).

(**) AUTORIZO ao CIXUG a que comprobe e verifique a veracidade da titulación académica indicada neste formulario coa institución ou universidade que teña expedido o título acreditativo que se achega.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro, para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido ao CIXUG – Praza do Obradoiro s/n Pazo de San Xerome (15705) Santiago de Compostela, A Coruña, como responsable do ficheiro. Ditos datos persoais serán utilizados exclusivamente para a xestión administrativa e académica do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral e o CIXUG se compromete a respectar a confidencialidade dos seus datos e a utilizalos de acordo co fin indicado.

AUTORIZO ao CIXUG a realizar as grabacións de son e imaxe (fotografía ou vídeo) que estime oportunas durante o transcurso das sesións presenciais ou seminarios web en directo deste curso nas que eu estea presente, co obxecto exclusivo de poder ser utilizado como material educativo e didáctico polo CIXUG, e a efectos de evidenciar a efectiva realización das actividades formativas perante as entidades cofinanciadoras.