PECHADO O PRAZO DE INSCRICIÓN
Xa non é posible matricularse na edición de 2017. As persoas que enviasen o formulario en prazo deben remitir copia da documentación que se indica neste mesmo apartado.
Lembrar que unicamente poderán matricularse no curso ponte as persoas que teñan superado con éxito algunha das edicións do Curso Avanzado "A Orientación Laboral para o Fomento do Emprego e a mellora da Competitividade Local en Galicia", organizado polo CIXUG en colaboración coa por entón Consellería de Traballo e Benestar e Cofinanciado polo FSE.
O CIXUG verificará para cada persoa solicitante a súa condición de ter superado algunhas das edicións do Curso Avanzado que dá dereito a participar no curso ponte, excluíndo a aquelas nas que esta condición non se acredite. Debido a que non se teñen cuberto todas as prazas dispoñibles, todas as persoas que presentaron a súa solicitude en prazo están admitidas. A matrícula non se completará en tanto non se realice o pagamento da matrícula.
Ademais de cubrir os campos requiridos no formulario, para a matrícula deberá achegar na conta de correo pol@cixug.es copia actualizada en soporte informático da seguinte documentación:
- Documento de identidade
- Certificado/volante de empadroamento actualizado e vixente (menos de 6 meses de antigüidade)
- Título universitario/certificado de expedición do título
NOTA: resulta imprescindible presentar de novo esta documentación debido aos requisitos de xestión da titulación por parte da UDC. As copias desta documentación deben ser polas dúas caras, claras, lexibles e completas, de xeito que inclúan todo o documento.
Tras recibir a confirmación da preinscrición, disporá de tres días hábiles para realizar o ingreso do prezo da matrícula (150,00 euros) e remitir unha copia do modo que se lle indicará no correo electrónico de confirmación. Se transcorrido este prazo non fixese efectivo o pago, perderá o dereito á reserva de praza e esta pasará á seguinte persoa da lista de agarda.
NOTA 1: o prezo da matrícula encóntrase subvencionado polo cofinanciamento realizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social, polo que non se aplicarán descontos adicionais sobre este importe.
NOTA 2: esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación, en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.