(*) AUTORIZO expresamente ao CIXUG a verificar coa Consellería de Economía, Emprego e Industria a veracidade do posto de traballo actual indicado que desenvolvo dentro do SPEG (só para persoal do SPEG).
(**) AUTORIZO ao CIXUG a que comprobe e verifique a veracidade da titulación académica indicada neste formulario coa institución ou universidade que teña expedido o título acreditativo que se achega.
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro, para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido ao CIXUG – Praza do Obradoiro s/n Pazo de San Xerome (15705) Santiago de Compostela, A Coruña, como responsable do ficheiro. Ditos datos persoais serán utilizados exclusivamente para a xestión administrativa e académica do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral e o CIXUG se compromete a respectar a confidencialidade dos seus datos e a utilizalos de acordo co fin indicado.
AUTORIZO ao CIXUG a cesión á Universidade da Coruña dos datos requiridos por esta para a xestión da matrícula e do expediente académico do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral.
AUTORIZO ao CIXUG a realizar as grabacións de son e imaxe (fotografía ou vídeo) que estime oportunas durante o transcurso das sesións presenciais deste curso nas que eu estea presente, co obxecto exclusivo de poder ser utilizado como material educativo e didáctico polo CIXUG, e a efectos de evidenciar a efectiva realización das actividades formativas perante as entidades cofinanciadoras.