PECHADO O PRAZO DE INSCRICIÓN
As persoas que enviaron o formulario en prazo, para completar a preinscrición deberán achegar na conta de correo pol@cixug.es copia en soporte informático da seguinte documentación, para poder verificar o cumprimento dos requisitos de acceso ao posgrao:
- Documento de identidade
- Certificado/volante de empadroamento vixente (menos de 6 meses de antigüidade)
- Título universitario/certificado de expedición do título
Estes documentos deben ser copiados polas dúas caras, e o seu contido debe ser completo, claro e lexibles.
Tras recibir a confirmación da matrícula, disporá de tres días hábiles para realizar o ingreso do prezo da matrícula (250,00 euros) e remitir unha copia do modo que se lle indicará no correo electrónico de confirmación. Se transcorrido este prazo non fixese efectivo o pago, perderá o dereito á reserva de praza.
NOTA 1: o prezo da matrícula encóntrase subvencionado polo cofinanciamento realizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social, polo que non se aplicarán descontos adicionais sobre este importe.
NOTA 2: as titulacións que requiran de convalidación en España non serán admisibles se non se acredita esta homologación.
NOTA 3: esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.
NOTA 4: para aquelas persoas que se matriculen sen ter completado a súa titulación universitaria, será imprescindible estar en posesión do título universitario no momento de finalizar o curso de especialización para poder obter o título de posgrao. Non se conservará o expediente entre convocatorias.