O curso avanzado contempla 27 horas de formación presencial, a desenvolver en xornadas de venres pola tarde (16.00 h a 20.30 h) e sábado pola mañá (9.30 h a 14.00 h) no Centro de Novas Tecnoloxías Galicia dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, emprazado en Santiago de Compostela.
A formación complétase sumando ás sesións presenciais a formación a distancia, as actividades avaliativas, de repaso e o traballo persoal do alumnado ata totalizar as 150 horas que conforman o curso.
As sesións presenciais servirán para desenvolver obradorios e sesións prácticas que permitan afianzar os conceptos clave, resolver dúbidas e incidir de xeito eficaz nos coñecementos adquiridos, contando cunha actividade avaliativa para cada un dos ámbitos de especialización que compoñen o curso.
Os contidos a distancia desenvolveranse sobre a plataforma Moodle do CIXUG, polo que as persoas asistentes deberán dispoñer dos equipos e medios técnicos necesarios (ver apartado requisitos técnicos para o seguimento do curso avanzado).
O programa do curso está composto polos seguintes temas, organizados en ámbitos de especialización:
ÁMBITO 1. PROSPECCIÓN DE EMPRESAS E INTERMEDIACIÓN LABORAL NOS PROGRAMAS DE EMPREGO
Tema 1: fundamentos da prospección e da intermediación laboral
Tema 2: metodoloxías para a prospección e a intermediación laboral
ÁMBITO 2. ANÁLISE ECONÓMICA E FINANCEIRA PARA COÑECER A VIABILIDADE DUN PROXECTO DE EMPRENDEMENTO
Tema 3: análise financeira do plan de empresa
Tema 4: análise económica do plan de empresa
ÁMBITO 3. ESTRATEXIA TIC PARA ORIENTACIÓN LABORAL ABERTA: A CURACIÓN DE CONTIDOS
Tema 5: os algoritmos e a burbulla de filtros
Tema 6: a curación de contidos
Tema 7: planificación. Procura e selección de contidos
Tema 8: achega de valor e publicación