O Curso de Iniciación á Orientación Laboral Aberta desenvolverase desde o 20 de setembro de 2019, combinando a formación a distancia coa formación presencial. As sesións presenciais terán lugar os venres pola tarde en horario de 16.00 h a 20.30 h, e os sábados pola mañá en horario de 9.30 h a 14.00 h. Realizarase tanto control de sinaturas de entrada como de saída nas sesións presenciais, polo que se prega puntualidade no acceso ás mesmas.
As sesións presenciais terán lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Santiago de Compostela), coas seguintes temáticas:
-
20/09/2019: introdución ao Sistema Nacional de Emprego e á orientación laboral aberta
-
21/09/2019: actividades do Servizo de Orientación Laboral
-
27/09/2019: prospección e intermediación laboral e o proceso de intervención orientadora
-
28/09/2019: traballo en rede. Ferramentas e métodos
-
04/10/2019: a web 2.0, unha oportunidade para a procura de emprego
-
05/10/2019: análise do mercado laboral e a Enquisa de Poboación Activa