O curso desenvolverase desde o 13 de setembro de 2019, combinando a formación a distancia coa formación presencial.
As sesións presenciais terán lugar os venres pola tarde en horario de 16.00 h a 20.30 h, e os sábados pola mañá en horario de 9.30 h a 14.00 h. Realizarase tanto control de entrada como de saída nas sesións presenciais, polo que se prega puntualidade no acceso ás mesmas.
As sesións presenciais terán lugar nas datas indicadas a continuación, no Salón de Actos do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Santiago de Compostela):
Módulo 1: marco conceptual da Orientación Laboral Aberta
- 13/09/2019: a orientación laboral en Galicia
- 14/09/2019: o ecosistema TIC
- 20/09/2019: certificación e acreditación de competencias
- 21/09/2019: o mercado laboral e a iniciativa emprendedora
- 27/09/2019: o deseño do modelo de negocio (método Canvas)
- 28/09/2019: orientación para a igualdade e a inclusión sociolaboral
- 04/10/2019: a política social de emprego na UE.
- 05/10/2019: o labor orientador dende un blogue
- 11/10/2019: micro obradoiros do módulo I
Módulo 2: marco persoal
- 18/10/2019: competencias comunicativas para a orientación laboral
- 19/10/2019: habilidades sociais para a orientación laboral
- 25/10/2019: o noso PLE (Contorno Persoal de Aprendizaxe)
- 26/10/2019: identidade dixital e reputación online
- 02/11/2019: micro obradoiros do módulo II
Módulo 3: marco instrumental
- 08/11/2019: a elaboración do plan de empresa (parte I)
- 09/11/2019: o proceso individual de orientación laboral. A entrevista de orientación laboral
- 15/11/2019: a elaboración do plan de empresa (parte II)
- 16/11/2019: itinerarios persoalizados para o emprego. Proceso, características e aplicación a distintos colectivos
- 22/11/2019: dinamización de espazos socias para a orientación laboral
- 23/11/2019: procesos de selección de persoal: entrevista de traballo e dinámicas grupais
- 29/11/2019: programas integrados de emprego e prospección de emprego
- 30/11/2019: Micro obradoiros do módulo III
Sesión de clausura:
- 20/12/2019: sesión de clausura
NOTA: en funcion de criterios organizativos e didácticos a orde das sesións poderase alterar, pero sempre dentro dos días indicados.