Para superar o curso requírese:
- Completar a asistencia a cando menos o 80% das sesións presenciais (o que supón un máximo de 5 ausencias).
- Visualizar e traballar os contidos dos temas sobre a aula virtual.
- Entregar todas as actividades avaliativa propostas (exames, tarefas, traballos, perfís e artefactos dixitais…) e acadar co conxunto das mesmas unha puntuación media de 5 puntos ou máis.
- Participar activamente no curso
Para verificar o cumprimento do requisito de asistencia, en todas as sesións presenciais se realizará un control de sinaturas na entrada e na saída. A folla de sinaturas correspondente estará dispoñible nun intervalo de 15 minutos da hora de inicio da sesión, e a de saída desde o momento en que a persoa que desenvolva a sesión presencial a dea por finalizada.
A ponderación das avaliacións nas diferentes actividaddes avaliativas realizarase conforme ao seguinte esquema.
ACTIVIDADE AVALIATIVA |
PONDERACIÓN |
PORCENTAXE POR MODALIDADE |
Probas obxectivas dos módulos |
30% |
40% |
Participación activa e seguimento do curso |
10% |
|
Actividades a distancia (individuais e grupais) |
10% |
30% |
Competencia dixital (artefactos, perfís profesionais...) |
20% |
|
Traballos finais (individual e grupal) |
30% |
30% |