O Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral consta de 26 créditos ECTS, dentro dos que se contemplan 94,5 horas de formación presencial, a desenvolver en xornadas de venres pola tarde (16.00 h a 20.30 h) e sábado pola mañá (9.30 h a 14.00 h) no Centro de Novas Tecnoloxías Galicia dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, emprazado en Santiago de Compostela.
A formación complétase sumando ás sesións presenciais a formación a distancia, as actividades avaliativas, de repaso e o traballo persoal do alumnado ata totalizar as 650 horas que conforman o posgrao.
As sesións presenciais servirán para afianzar os conceptos máis importantes, resolver dúbidas e incidir de xeito práctico nos coñecementos adquiridos, rematando cada bloque cunha proba obxectiva de avaliación para determinar o nivel de aproveitamento por parte de cada persoa participante
Os contidos a distancia desenvolveranse sobre a plataforma Moodle do CIXUG, polo que as persoas asistentes deberán dispoñer dos equipos e medios técnicos necesarios (ver apartado requisitos técnicos para o seguimento do curso).
O programa do curso está composto polos seguintes módulos de contidos:
MÓDULO 1: MARCO CONCEPTUAL
Tema 1: a orientación laboral aberta, novo paradigma para Galicia
Tema 2: mercado laboral
Tema 3: certificación e formación profesional
Tema 4: a política social e de emprego na Unión Europea
Tema 5: a iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral
MÓDULO 2: MARCO PERSOAL
Tema 6: a orientación laboral aberta e as competencias
Tema 7: desenvolvemento de competencias comunicativas
Tema 8: habilidades e competencias sociais
Tema 9: a web 2.0 para a orientación laboral
Tema 10: competencias dixitais para a orientación laboral
MÓDULO 3: MARCO INSTRUMENTAL
Tema 11: o traballo do orientador laboral I: intermediación laboral
Tema 12: o traballo do orientador laboral II: itinerarios de inserción
Tema 13: o traballo do orientador laboral III: procesos individuais de orientación e axuda na Tema de decisións
Tema 14: o traballo do orientador laboral IV: análise de perfis profesionais e prospección de emprego
Tema 15: o traballo do orientador laboral V: técnicas e ferramentas para o acceso ao autoemprego
Tema 16: o traballo do orientador laboral VI: A elaboración do plan de empresa
MÓDULO 4: PROXECTO FINAL
Parte individual
Parte grupal