O curso avanzado desenvolverase a partires do 17 de outubro de 2020 na aula virtual do CIXUG, con seminarios web en directo que terán lugar os venres pola tarde en horario de 16.00 h a 20.30 h, e os sábados pola mañá en horario de 9.30 h a 14.00 h. Realizarase control de asistencia aos mesmos.
Os seminarios web en directo terán lugar nas datas e cos contidos indicados a continuación:
- 17/10/2020: prospección de empresas e intermediación laboral (1ª parte)
- 23/10/2020: análise de viabilidade do plan de empresa (1ª parte)
- 24/10/2020: prospección de empresas e intermediación laboral (2ª parte)
- 30/10/2020: análise de viabilidade do plan de empresa (2ª parte)
- 06/11/2020: unha estratexia de curación de contidos efectiva (1ª parte)
- 07/11/2020: unha estratexia de curación de contidos efectiva (2ª parte)
NOTA: en funcion de criterios organizativos e didácticos a orde das sesións poderase alterar, pero sempre dentro dos días indicados.