Para superar o curso requírese:
- Completar a asistencia a cando menos o 80% dos semiarios web en directo (o que supón un máximo de 1 ausencia).
- Superar o conxunto das actividades avaliativas previstas no curso cunha nota media final de 5 ou máis puntos.
- Visualizar e traballar cos contidos dos temas sobre a aula virtual.
- Valorarase a participación nos debates e propostas da aula.
Tamén se terán en consideración outros aspectos como as evidencias na adquisición das competencias e a constancia no seguimento do curso.
Para verificar o cumprimento do requisito de asistencia, en todos os seminarios web en directo se realizará un control de asistencia.
A cualificación final será de APTO ou NON APTO, e estará determinada pola aplicación das seguintes ponderacións:
ACTIVIDADE AVALIATIVA |
PONDERACIÓN |
Tarefas avaliativas do ámbito da orientación laboral aberta |
30% |
Tarefas avaliativas do ámbito da empresa e o emprendemento |
30% |
Tarefas avaliativas do ámbito das TIC para a orientación laboral |
30% |
Participación e seguimento do curso |
10% |