O Curso de Introdución á Orientación Laboral Aberta desenvolverase desde o 25 de setembro de 2020 na aula virtual do CIXUG, con seminarios web en directo que terán lugar os venres pola tarde en horario de 16.00 h a 20.30 h, e os sábados pola mañá en horario de 9.30 h a 14.00 h.
Os seminarios en directo terán lugar nas datas e cos contidos indicados a continuación:
-
25/09/2020: introdución ao Sistema Nacional de Emprego e á Orientación Laboral Aberta.
-
26/09/2020: actividades do Servizo de Orientación Laboral.
-
02/10/2020: prospección e intermediación laboral e o proceso de intervención orientadora.
-
03/10/2020: traballo en rede. Ferramentas e métodos.
-
09/10/2020: análise do mercado laboral e a Enquisa de Poboación Activa.
-
10/10/2020: a web 2.0, unha oportunidade para a procura de emprego.
NOTA: en funcion de criterios organizativos e didácticos a orde das sesións poderase alterar, pero sempre dentro dos días indicados.