Para superar o curso requírese:
- Completar a asistencia a cando menos o 80% das seminarios web en directo (o que supón un máximo de 1 ausencia).
- Visualizar e traballar os contidos dos temas sobre a aula virtual.
- Superar as actividades avaliativas cunha puntuación media global de 5 puntos ou máis.
- Participar activamente no curso.
Tamén se terán en consideración outros aspectos como as evidencias na adquisición das competencias e a constancia no seguimento do curso.
Para verificar o cumprimento do requisito de asistencia, en todos os seminarios web en directo se realizará un control de asistencia.
A cualificación final será APTO ou NON APTO, estará determinada pola aplicación das seguintes ponderacións:
ACTIVIDADE AVALIATIVA |
PONDERACIÓN |
Proba obxectiva do curso |
50% |
Participación e seguimento do curso |
10% |
Tarefas dos módulos |
20% |
Competencia dixital (artefactos e perfís profesionais) |
20% |