O Curso de Introdución á Orientación Laboral Aberta contempla 27 horas de seminarios web en directo, a desenvolver en xornadas de venres pola tarde (16.00 h a 20.30 h) e sábado pola mañá (9.30 h a 14.00 h).
A formación complétase sumando a estes seminarios en directo a formación a distancia, as actividades avaliativas, o repaso e o traballo persoal do alumnado ata completar as 150 horas que conforman o total do curso.
As sesións presenciais servirán para expoñer e explicar os conceptos e contidos clave da formación, realizando supostos prácticos sobre os diferentes ámbitos tratados para consolidar os coñecementos adquiridos, contemplando unha proba obxectiva de avaliación para determinar o nivel de aproveitamento por parte de cada persoa participante
Os contidos a distancia desenvolveranse sobre a plataforma Moodle do CIXUG, polo que as persoas asistentes deberán dispoñer dos equipos e medios técnicos necesarios (ver apartado requisitos técnicos para o seguimento do curso).
O programa do curso está composto polos seguintes temas:
- Tema 1: introdución ao Sistema Nacional de Emprego
- Tema 2: as actividades do Servizo de Orientación Laboral
- Tema 3: prospección e intermediación laboral
- Tema 4: análise do mercado laboral
- Tema 5: introdución ao autoemprego e ao emprendemento
- Tema 6: os fundamentos do traballo TIC
- Ttema 7: a comunicación e o traballo en rede