O prazo ordinario de matrícula permanecerá aberto dende o 1 ata o 15 de setembro de 2020 (sempre que queden prazas dispoñibles). Non obstante, se superado este prazo continúa a haber prazas dispoñibles, manterase aberta a posibilidade de inscribirse entanto queden prazas dispoñibles e non comece o curso.
Para solicitar a matrícula no curso de Introdución á Orientación Laboral Aberta, debe cubrirse o formulario que se enlaza a continuación e achegar simultaneamente a través da conta de correo pol@cixug.gal copia en soporte informático da seguinte documentación:
- Documento de identidade en vigor.
- Certificado/volante de empadroamento vixente (menos de 6 meses de antigüidade).
- Título universitario/certificado de expedición do título (válido en España).
Estes documentos deben ser copiados polas dúas caras, e o seu contido debe ser completo, claro e lexible.
Formulario de inscrición
(Pechado prazo de inscrición na edición 2020)
Tras recibir a confirmación da preinscrición, disporá de dous días hábiles para realizar o ingreso do prezo da matrícula (50,00 euros) e remitir unha copia do modo que se lle indicará no correo electrónico de confirmación. Se transcorrido este prazo non fixese efectivo o pago, poderá perder o dereito á reserva de praza e esta pasará á seguinte persoa da lista de agarda.
NOTA 1: o prezo da matrícula encóntrase subvencionado polo cofinanciamento realizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Trabajo y Economía Social, polo que non se aplicarán descontos adicionais sobre este importe.
NOTA 2: as titulacións que requiran de convalidación en España non serán admisibles se non se acredita esta homologación.
NOTA 3: esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.