Para superar o curso requírese:
- Completar a asistencia a cando menos o 80% dos seminarios web en directo (o que supón un máximo de 5 ausencias).
- Visualizar e traballar os contidos dos temas sobre a aula virtual.
- Entregar todas as actividades avaliativa propostas (exames, tarefas, traballos, perfís e artefactos dixitais…) e acadar co conxunto das mesmas unha puntuación media de 5 puntos ou máis.
- Participar activamente no curso
Para verificar o cumprimento do requisito de asistencia, en todos os seminarios web en directo se realizará un control de asistencia.
A cualificación final será de APTO ou NON APTO, e estará determinada pola aplicación das seguintes ponderacións:
ACTIVIDADE AVALIATIVA |
PONDERACIÓN |
PORCENTAXE POR MODALIDADE |
Probas obxectivas dos módulos |
30% |
40% |
Participación e seguimento do curso |
10% |
|
Actividades a distancia (individuais e grupais) |
10% |
30% |
Competencia dixital (artefactos, perfís profesionais...) |
20% |
|
Traballos finais (individual e grupal) |
30% |
30% |