O Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral consta de 26 créditos ECTS, dentro dos que se contemplan 94,5 horas de seminarios web en directo, a desenvolver en xornadas de venres pola tarde (16.00 h a 20.30 h) e sábado pola mañá (9.30 h a 14.00 h).
A formación complétase sumando a estes seminarios en directo as actividades avaliativas, o repaso e o traballo persoal do alumnado ata totalizar as 650 horas que conforman o posgrao.
Os seminario web en directo servirán para afianzar os conceptos máis importantes, resolver dúbidas e incidir de xeito práctico nos coñecementos adquiridos, rematando cada módulo cunha proba obxectiva de avaliación (exame) para determinar o nivel de aproveitamento por parte de cada persoa participante.
Todo o curso desenvolveranse sobre a plataforma Moodle do CIXUG, polo que as persoas asistentes deberán dispoñer en todo momento dos equipos e medios técnicos necesarios, descritos no apartado de requisitos técnicos para o seguimento do curso.
O programa do curso está composto polos seguintes módulos e temas:
MÓDULO 1: MARCO CONCEPTUAL (5,66 créditos ECTS)
Tema 1: a orientación laboral aberta, novo paradigma para Galicia.
Tema 2: mercado laboral.
Tema 3: certificación e formación profesional.
Tema 4: a política social e de emprego na Unión Europea.
Tema 5: a iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral.
MÓDULO 2: MARCO PERSOAL (7,10 créditos ECTS)
Tema 6: a orientación laboral aberta e as competencias.
Tema 7: desenvolvemento de competencias comunicativas.
Tema 8: habilidades e competencias sociais.
Tema 9: a web 2.0 para a orientación laboral.
Tema 10: competencias dixitais para a orientación laboral.
MÓDULO 3: MARCO INSTRUMENTAL (10,4 créditos ECTS)
Tema 11: intermediación laboral.
Tema 12: itinerarios de inserción.
Tema 13: procesos individuais de orientación e axuda na Tema de decisións.
Tema 14: análise de perfis profesionais e prospección de emprego.
Tema 15: técnicas e ferramentas para o acceso ao autoemprego.
Tema 16: a elaboración do plan de empresa.
MÓDULO 4: PROXECTO FINAL (2,86 créditos ECTS)
Parte individual.
Parte grupal.