PECHADO O PRAZO DE SOLICITUDE NA EDICIÓN 2020
Relación de persoas admitidas e lista de agarda
prazo ordinario de matrícula permanece aberto dende o 1 ata o 10 de setembro de 2020 ás 14:00 h.
As persoas interesadas en inscribirse deberán cumprimentar o formulario de inscrición que se enlaza a continuación, así como achegar na conta de correo pol@cixug.gal copia en soporte informático da seguinte documentación, para poder verificar o cumprimento dos requisitos de acceso ao posgrao:
- Documento de identidade en vigor.
- Certificado/volante de empadroamento vixente (menos de 6 meses de antigüidade).
- Título universitario/certificado de expedición do título (válido en España)
- Copia do expediente académico universitario.
Os documentos enviados deben ser copiados polas dúas caras, e o contido da copia debe ser completo, claro e lexible, sen esquinas recortadas.
Formulario de inscrición
Tras recibir a confirmación da matrícula no correo electrónico indicado ao solicitar a inscrición, disporá de dous días hábiles para realizar o ingreso do prezo da matrícula (300,00 euros) na conta que se lle indicará na mensaxe, na que se incluirán as instrucións para remitir o xustificante do ingreso. Se transcorrido este prazo non fixese efectivo o pago, poderá perder o dereito á reserva de praza.
NOTA 1: o prezo da matrícula encóntrase subvencionado polo cofinanciamento realizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Trabajo y Economía Social, polo que non se aplicarán descontos adicionais sobre este importe.
NOTA 2: as titulacións que requiran de convalidación en España non serán admisibles se non se acredita esta homologación.
NOTA 3: esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.
NOTA 4: para aquelas persoas que se matriculen sen ter completado a súa titulación universitaria, será imprescindible estar en posesión do título universitario no momento de finalizar o curso de especialización para poder obter o título de posgrao. Non se conservará o expediente entre convocatorias.