A posta en marcha deste curso de "Administración Avanzada e Desenvolvemento de DRUPAL" encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia "Galicia 2014.gal", e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Drupal é un CMS libre, modular e altamente configurable, que está mantido por unha comunidade activa de usuarios e desenvolvedores. Destaca pola alta calidade do seu código e das páxinas xeradas, respectando os estándares web e a usabilidade.
Con este curso de nivel avanzado, a persoas asistentes poderán coñecer as boas prácticas á hora de levar a cabo un proxecto web con Drupal, en todo aquelo relativo a seguridade, rendemento, xeración de módulos, etc.
Cofinanciado por: