Seminario onde amosar todas aquelas vantaxes que supón o uso de software libre para un alumno dunha titulación universitaria, as múltiples saídas laborais que poden conseguir grazas ao código aberto, e sobre todo tratar de resolver todas aquelas dúbidas que poidan ter acerca do uso de programas libres, centrándose sobre todo nos sistemas operativos libres GNU/Linux.
Consta dunha parte práctica na que se executaran as tarefas necesarias para que os asistentes poidan instalar unha distribución GNU/Linux nos seus equipos portátiles.