O obxectivo principal deste seminario é que os asistentes poidan realizar a instalación dunha distribución tipo GNU/Linux nos seus equipos persoais. Ao estar dirixido a estudantes de primeiro curso, pretendemos axudarlles na adaptación do seu equipo portátil ás necesidades esixidas polo profesorado, e evitando que teñan que utilizar as aulas de informática dos seus centros para realizar as prácticas.
Asemesmo, tamén se lles axudará a instalar todo aquel software libre requirido polos profesores para a realización e entrega das prácticas.