LibreOffice é un proxecto baseado en software libre, e está dispoñible de balde para ser descargado en varias plataformas. Neste curso poderás atopar vídeos e exercicios para aprender a dominar a folla de cálculo, Calc, e o procesador de textos Writer.
A posta en marcha dos cursos de LibreOffice encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia "Galicia 2014.gal", e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
LibreOffice é un proxecto baseado en software libre, e está dispoñible de balde para ser descargado en varias plataformas, e en múltiples idiomas, o galego entre eles. Estase convertendo no paquete ofimático de maior crecemento, capaz de substituír a outros con maior traxectoria histórica de uso nun posto de traballo.
Nestes cursos presentamos as características máis importantes dos diferentes compoñentes da suite LibreOffic, no que os participantes coñecerán as funcións básicas ou avanzadas de acada un deles. Todo elo a través de materiais descargables, e de uso libre, así como de diferentes vídeos para aprender a utilizar as diferentes opcións dos programas.
Contémplanse os seguintes cursos:
- Primeiros pasos con LibreOffice
- Primeiros pasos con LibreOffice Calc
- Primeiros pasos con LibreOffice Writer
- Primeiros pasos con LibreOffice Impress
- Curso de LibreOffice Calc avanzado
Cofinanciado por: