Son competencias do Consello de Goberno:
-
Programa xeral de actividades
- A aprobación do programa xeral de actividades
-
Orzamento ordinario
- A aprobación e liquidación do orzamento ordinario
-
Programas de investimento
- A aprobación de programas de investimento
-
Bens mobles e inmobles
- A adquisición de bens mobles e inmobles destinados ao cumprimento do obxecto do consorcio
-
Convenios
- A aprobación de cantos convenios sexan precisos para o cumprimento dos seus fins
-
Achegas do sector público
- O artellamento de programas que reciban achegas do sector público comunitario, estatal, autonómico ou local, e dos sectores privados, universitarios ou organizacións internacionais
-
Contratos
- A aprobación e adxudicación de cantos contratos sexan precisos para o cumprimento dos seus fins
-
Gastos e pagamentos
- A autorización e disposición de gastos e pagamentos dentro dos límites orzamentarios, agás delegación expresa
-
Incorporación ao Consorcio
- A aprobación de incorporación ao Consorcio doutras universidades ou entidades públicas ou privadas, de acordo co previsto nestes estatutos
-
Accións administrativas e xudiciais
- A aprobación das accións administrativas e xudiciais
-
Interpretar os estatutos
- Interpretar os estatutos do Consorcio e establecer as normas de réxime interno e as complementarias que sexan precisas, de acordo coa lexislación vixente
-
Modificación dos estatutos
- Acordar a modificación dos estatutos, a separación de membros do Consorcio por incumprimento, ou a extinción do Consorcio
-
Normas de réxime interno
- A aprobación de normas de réxime interno do Consorcio
- Calquera outra de índole xeral e análogas ás anteriores conforme a lexislación vixente
-
Comisión executiva
- Poderá nomearse unha comisión executiva de conformidade coas normas de réxime interno do consorcio á que se lle poderán delegar parte das funcións do Consello de Goberno, así como as decisións en materia de xestión ordinaria que afecten a totalidade das entidades consorciadas