Por octavo ano consecutivo chega o Concurso Universitario de Software Libre co obxectivo de fomentar a creación e contribuír á consolidación da comunidade Software Libre nas universidades españolas.
O periodo de inscricións está aberto dende o día 9 de outubro ata o 9 de novembro, e debe facerse a través do formulario habilitado.
Tal e como se explica nas bases do concurso, a inscrición está aberta a alumnos universitarios, de bacharelato, graos medio e superior, así como terceiro ciclo e máster.
O Concurso Universitario de Software Libre poden participar estudantes que desenvolvan software, hardware e documentación técnica libre. Para liberar os proxectos empregase unha forxa, aconsellando o uso das máis populares, Github ou Launchpad. Os participantes ademais deben dispoñer dun blog onde contarán a súa experiencia no desenvolvemento durante o curso académico.