Os estudantes de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela son os destinatarios do seminario “Libera o teu ordenador“, impartido pola Oficina de Software Libre do CIXUG durante os días 18, 19 e 20 de xuño. Cada unha das sesións terá unha duración de 3 horas, e impartiranse na Aula 1 da Facultade de Dereito.
O seminario, que está organizado en colaboración coa Escola de Doutoramento Internancional, vai ser dirixido por Rafael Rodríguez, Coordinador da OSL. Os participantes do seminario poderán coñecer os conceptos máis importantes para entender o movemento do software libre, así como dar resposta a tódalas dúbidas que poidan ter acerca da liberación dos seus traballos.
A segunda parte do seminario consistirá nun taller práctico, onde os estudantes poderán instalar unha distribución do sistema operativo libre GNU/Linux nos seus equipos.
A matrícula é de balde, e debe realizarse a través da secretaría virtual da USC.