O próximo 17 de setembro, a Oficina de software libre estará presente coa súa Oficina móbil na Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
A partir das 10 da mañá, estaremos presentes no tercerio andar da FIC coa intención de presentar o noso traballo, e os servizos que a OSL ten a disposición do alumnado da facultade, e da Universidade da Coruña en xeral.
No posto de información teremos varios portátiles equipados coa distribución SO.XUG para que os interesados poidan coñecer os detalles da mesma, avaliar as posibilidades de uso no seu traballo diario e amosar as vantaxes que ofrece ante outros sistemas operativos. Asimesmo, tamén é obxectivo da Oficina móbil amosar aos estudantes tódalas oportunidades de traballo que atoparán en torno ao software libre, tratando de eliminar a idea estendida de que no código aberto non hai negocio nin traballo.
Aproveitaremos a ocasión para presentar a VI Edición do Premio ao mellor PFC con licenza libre, aclarando todas aquelas consultas que poidan ter os/as alumnos/as interesados/as neste premio.
A Oficina móbil da OSL pretende acercar o software libre aos alumnos de diferentes centros das universidades galegas. Despois desta primeira visita á Universidade da Coruña, nas próximas semanas desprazaráse ao resto de campus do mapa universitario galego.
A oficina móbil forma parte das actividades que a OSL do CIXUG se comprometeu a realizar ao abeiro do Convenio de Colaboración asinado coa AMTEGA e que están incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.