Co fin de promover a mellora de habilidades complementarias á formación dos universitarios, as comisións de normalización lingüística da USC crearon a iniciativa de premiar a calidade lingüística en traballos académicos realizados en lingua galega. Nesta iniciativa valóranse os aspectos lingüísticos como a corrección ou riqueza da redacción, estrutura da información, coherencia, etc. e tamén os formais e comunicativos que supoñan un dominio de ferramentas TIC e do criterio autónomo.
O concurso acada no curso 2013-2014 a súa IX edición e premia os mellores traballos académicos de curso, de fin de grao (TFG) ou proxectos de fin de carreira (PFC), así como traballos de fin de mestrado (TFM) escritos en galego. Os Premios á calidade lingüística contan co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
- Bases do concurso no curso 2013-2014:
- traballos académicos de curso.
- traballos de fin de grao (TFG) e proxectos fin de carreira (PFC)
- traballos de fin de mestrado (TFM)
- Información para profesorado
- Premiados/as en 2013 e premiados/as en cursos anteriores:
- Documentos e recursos de apoio
- Usos lingüísticos: TFG 2013 e TFM 2013
Poden presentarse os estudantes de todas as titulacións de grao ou de 1º ou 2º ciclo da USC durante o curso 2013-2014, que elaboren e defendan ou seu traballo de fin de grao ou proxecto de fin de carreira en lingua galega durante o ano 2014, e que obteñan cando menos a cualificación de APROBADO.
Toda a información no web do SNL da USC