No noso artigo ¿Estás preparada ou preparado para amosar o teu talento?, achegamos catro iniciativas para poñer en valor o noso talento:
- Presentate a través da creación dun cartón de presentación virtual onde te definas de xeito profesional.
- Abre un blogue técnico / profesional onde poidas falar do que mellor coñeces e sabes facer.
- Desenvolve o teu perfil no LInkedin e participa en grupos afíns ao teu perfil e actividade profesional.
- Emprega Twitter para seguir aprendendo e coñecendo a túa contorna profesional.
Un bo complemento para continuar coa túa proxección na rede, poñéndote en valor, é e a curación de contidos. Esta actividade consiste en buscar, organizar e compartir contido relevante sobre unha temática do teu interese. Estas accións compleméntanse coa tu achega de valor sobre o contido curado, o momento chave onde amosas os teus coñecementos e a túa proposta sobre eles.
"Un conten curator es alguien que encuentra, agrupa, organiza y comparte continuamente el contenido mejor y más relevante sobre un tema específico online”
Rohit Bhargava (2009)
A curación de contidos é unha actividade que pode desenvolverse en múltiples ámbitos profesionais: centros de documentación e bibliotecas, marketing, periodismo, axencias de comunicación, enxeñería, medicina, e tamén como impulsora da túa marca persoal.
Existen distintas perspectivas de como establecer unha estratexia de curación de contidos, esta é unha das propostas mais habituais:
- Identificación do tema obxecto da nosa curación de contidos. Elixe unha temática afín aos teus coñecementos e obxectivo profesional; ten en conta, tamén, o teu público potencial.
- Busca de información: selecciona as fontes de relevancia sobre a temática elixida. É importante que selecciones fontes validadas, de relevancia e de referencia no teu ámbito profesional.
- Selección e organización: filtra o contido obtido, na fase anterior, e organízao por temáticas ou etiquetas.
- Creación: Fai a túa achega persoal sobre o contido organizado, aporta a túa perspectiva.
- Comparte: difunde a túa proposta de curación, nas túas redes e espazos relacionados co teu ámbito e obxectivo profesional.
Sen restar importancia ao resto das fases, é importante que nesta actividade te centres nun tema especifico sobre o que podas achegar a túa opinión ou comentarios xa que, sen dúbida, potenciará a túa marca persoal.
Sobre a curación de contidos, as estratexias e ferramentas mais axeitadas [Scoop.it, Storify, etc.] para aplicar no ámbito da Orientación Laboral, falaremos no noso Posgrao de Especialización en Orientación Laboral que comeza en Setembro.