Xa está aberto o prazo de inscrición do Posgrao Especialización en Orientación Laboral que o Consorcio CIXUG, co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, pon en marcha a través das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG). Nesta edición 2017 será xestionado, de novo, como título propio da Universidade da Coruña.
O posgrao reúne as mellores prácticas no ámbito da orientación laboral, xunto coas competencias e ferramentas TIC necesarias para o desenvolvemento diario da labor orientadora; ademais, integra os criterios e principios básicos que a Consellería de Economía, Emprego e Industria desexa transmitir a calquera técnica/o que estea a interactuar coas persoas demandantes de emprego.
O curso está estruturado en tres módulos:
- MODULO 1: Marco conceptual, onde se sentan as bases da labor orientadora con especial fincapé no ámbito da nosa comunidade.
- MODULO 2: Marco persoal. Un espazo para a definición das habilidades e competencias necesarias para un exercicio axeitado da labor de orientación.
- MÓDULO 3: Marco instrumental. Centrado nas tarefas e procedementos de traballo da labor orientadora.
E un módulo final, correspondente ao desenvolvemento dun proxecto final.
A formación comeza o vindeiro 1 de setembro baixo a modalidade de impartición semi presencial, combinando a plataforma Moodle do CIXUG coas sesións presenciais a desenvolver venres pola tarde (16.00 h a 20.30 h) e sábado pola mañá (9.30 h a 14.00 h) no Centro de Novas Tecnoloxías Galicia (Santiago de Compostela). O total de créditos do posgrado é de 26 créditos ETCS.
O obxectivo principal desta formación é lograr que o persoal técnico vinculado á labor de orientación laboral tanto en entidades públicas como privadas, poida desenvolver e potenciar os seus coñecementos e competencias profesionais e persoais de xeito que redunden nunha mellor atención á poboación que precise asesoramento e apoio para incorporarse ao mercado laboral.
Enlaces de interese sobre o Posgrao Especialización en Orientación Laboral
Se tes realizado o Curso Avanzado de Orientación Laboral, tanto nas edicións 2012 e 2013, podes actualizarte a través do Curso Ponte Posgrao Especialización Orientación Laboral.
Enlaces de interese sobre o Curso Ponte Especialización en Orientación Laboral
Podes seguir as novas sobre o Posgrao de Especialización en Orientación Laboral dende as nosas canles @cixug_ e a nosa páxina de Linkedin.e tamén deden a canle Twitter do Posgrao @orientaciong.