A empresa Biostatech organiza un Curso de iniciación ao software estatístico R dirixido a profesionais e investigadores que requiran unha formación básica nesta ferramenta libre.
O curso terá lugar no Aulario Novoa Santos (aula 1), situado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, durante os días 23, 24, 25 e 26 de setembro, en horario de 16:00 a 21:00. A duración total do curso é de 22 horas, das cales 18 son presenciais, impartidas por Mónica López Ratón, e outras 4 horas estarán adicadas a realizar prácticas e resolver consultas a través da plataforma web. O prezo total do curso é de 200 euros (ive incluído).
O curso terá un carácter teórico e práctico, e contará con persoal de apoio para acadar unha formación completa e íntegra. É preciso que os asistentes dispoñan do seu propio equipo portátil co software instalado para poder seguir as prácticas.
A actividade conta coa participación do GRID[ECMB], e está enmarcado dentro da Red Nacional de Bioestadística (BIOSTATNET). Dentro do seu programa están incluídos temas para coñecer a estrutura de R, o manexo e manipulación de datos, ou o traballo con R Commander.
O número de prazas dispoñibles é limitado, e os interesados poden realizar a súa reserva antes do 12 de setembro a través do correo biostatech@uninova.org, ou ben chamando por teléfono ao 981 594 530, ou ao 672 771 319.
Máis información na páxina web de Biostatech.