Os datos abertos son datos que poden ser utilizados, reutilizados e redistribuídos libremente por calquera persoa, en calquera momento e en calquera lugar, e que se atopan suxeitos, canto mais, ao requirimento de atribución de compartirse de igual xeito a súa fonte orixinal. Por tanto o uso dos datos abertos pode ser tanto persoal, como comercial ou non comercial.
Poden ser empregados para xerar valor económico creando unha capa de valor engadido sobre estes, facilitando a consecución dun novo servicio ou fonte de información para particulares e/ou empresas. Mediante a combinación e tratamento dos datos abertos, pódense identificar tendencias, descubrir novos patróns ou facilitar a toma de decisións.
De xeito habitual, os datos ofrecidos baixo "Open Data", ofrécense completamente libes sen custo algún e para que sexan considerados como tales, deben de cumprir os coñecidos como Principios dos datos abertos [impulsados pola Sunlight Foundation] e de aceptación xeral no marco dos proxectos de datos abertos:
1. Os datos ofrecidos son públicos, e dicir, non están suxeitos a ningún tipo de privacidade nin de limitación de uso.
2. Os datos ofrecidos non están tratados, nin agregados, son datos de orixe, en bruto.
3. Ofreceranse datos actualizados na medida que a fonte o permita.
4. Os datos presentarán una estrutura tratable de xeito automático a través de software.
5. Non presentarán restrición nin de uso nin de propósito.
6. Non será necesario rexistro algún para acceder aos datos abertos.
7. Os formatos nos que se ofrecen os datos, deben de ser non propietarios.
8. Os datos non deben estar suxeitos a ningún tipo de dereito ou licenza.
En liña co movemento dos datos abertos, os gobernos e institucións están a conformar coleccións de datos organizados en catálogos baixo iniciativas RISP [Reutilización da información do sector público], onde no caso do goberno español prevé a posibilidade de facilitar a reutilización dos datos, sen coste algún ou cun coste marxinal [Lei 37/2007] e que no caso da nosa comunoidade materializase na iniciativa da Xunta de Galicia, abert@s, especificase “O portal de Datos Abertos é unha iniciativa da Xunta de Galicia para impulsar a apertura de datos en todos os organismos do sector público rexional e promover a súa reutilización, permitindo calquera uso dos mesmos sempre que se respecten as condicións de uso establecidas.”
Pódense consultar algúsn catalogos de datos abertos de interese dende:
- Iniciativa Aporta, promovida polo Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital , en colaboración co Ministerio de Hacienda y Función Pública del Gobierno de España
- Conxuntos de datos do Portal de Datos Abiertos de la UE