O próximo sábado, 22 de novembro, terá lugar a primeira sesión da Xornada “É neutral a tecnoloxía? As mil caras do feito tecnolóxico“, organizada pola ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Haberá mesas redondas, para falar de tecnoloxía desde un punto de vista social, cultural e filosófico.
Ademais, terán lugar varios talleres prácticos ao longo dos próximos días. O mesmo sábado 22, terá lugar o primeiro taller sobre “Mantemento básico de bicicletas” da man dos compañeiros de Sociedade Cívica Composcleta. E o 2 de decembro, terá lugar un taller de instalación de sistemas operativos libres na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, no que colabora a Oficina de Software Libre. Os interesados poden inscribirse enviando unha mensaxe ao enderezo de correo: compostela@galicia.isf.es.