Na procura de emprego, Internet tamén está presente, non so a través dos diversos informes que relacionan os perfís mais demandados coas TIC, tamén nos procesos de procura, tanto pola banda dos candidatos e candidatas como pola banda das consultoras e departamentos de recursos humanos.
Dentro do ámbito 2.0, os espazos sociais son as plataformas que moitos empregamos para comunicarnos tanto social como profesionalmente. A información que nestes espazos deixamos tanto directa como indirectamente, constitúe unha fonte de información valiosa que complementa a nosa traxectoria vital e tamén a nosa traxectoria profesional.
Segundo o informe ‘Estudio anula Redes Sociales 2017’ desenvolto por iabSpain, un 86% dos internautas de entre 16-55 anos empregan redes sociais (aproximadamente uns 19 millóns de usuarios en España), o 46% dos participantes posúen estudos universitarios. O 31% destes empregan os espazos para fines profesionais ou de estudo.
As empresas non son ignorantes deste feito, segundo o ‘Informe 2016 INFOEMPLEO-ADECCO Redes Sociales y Mercado de Trabajo’, no que participan tanto profesionais do ámbito dos Recursos Humanos como candidatos que buscan emprego, en España, as Redes Sociais son empregadas para detectar candidatos e candidatas afíns a cultura da empresa; ademais de portais específicos de emprego, Linkedin ( a ela acoden o 74% dos reclutadores que fan uso das Redes Sociais para atopar perfís de interese, segundo o estudo) e a Rede Social mais empregada para atopar candidatos e candidatas e descubrir talento.
Neste momento, onde pequenos detalles do nos perfil profesional poden marcar as diferencias entre xerar interese ou non, cobra especial importancia o coidado da nosa identidade dixital e da nosa reputación online. Segundo a referencia anterior, un 86% das empresas consultan os espazos sociais dos preseleccionados antes de tomar unha decisión de contratación.
Se queres prepararte para amosar o mellor de ti, podes comezar por:
- Presentarte a través da creación dun cartón de presentación virtual onde te definas de xeito profesional.
- Abrir un blogue técnico / profesional onde poidas falar do que mellor coñeces e sabes facer.
- Desenvolve o teu perfil no LInkedin e participa en grupos afíns ao teu perfil e actividade profesional.
- Emprega Twitter para seguir aprendendo e coñecendo a túa contorna profesional.
E ti, ¿estás preparada ou preparado para amosar o teu talento?
Se queres coñecer mais sobre identidade dixital, marca persoal e reputación online ademais de especializarte na Orientación e Inserción Laboral, revisa o noso Posgrao de Especialización.