Con grande afluencia de público interesado nesta tecnoloxía tan especial tivo lugar o pasado sábado o primeiro dos Sábados Libres na Altamar.
Participaron máis de 30 inscritos así como algúns en calidade de oíntes. A xornada foi organizada pola Asociación Galpón da man do seu presidente Miguel Bouzada e da Asociación Xuvenil Altamar e tivo lugar na Residencia Universitaria do mesmo nome.
Como mestre de taller, as explicacións de Guillermo Cordeiro convenceron e axudaron a moitos dos que xa levaban tempo estrebillando co Arduino, quen pola súa parte os animou a profundar máis e a xogar co Arduino como fonte de entretemento e diversión. Así como a participar na comunidade galega. Con iso aproveitamos para dar a coñecer os dous grupos que existen en Galicia de interesados neste campo con tanto futuro:
* Arduino Galicia: https://groups.google.com/forum/?fromgroups#!forum/oshw-gl
* Open Source Hardware Galicia: https://groups.google.com/forum/?fromgroups#!forum/oshw-gl
Con ela pódense facer proxectos interesantes como os que listamos aquí e que foron comentados nas propias xornadas
* http://blog.bricogeek.com/
* http://www.instructables.com/tag/type-id/category-technology/
* http://hackaday.com/
* http://dangerousprototypes.com/
* http://blog.makezine.com/
* http://blog.arduino.cc/
* http://www.adafruit.com/blog/
* http://www.open-electronics.org/
En poucas horas xa se poden obter resultados sorprendentes:
Agardamos xa polo seguinte sábado que tratará sobre o que se pode facer coa RaspberryPi.