As universidades galegas volven situarse entre as 10 universidades españolas máis comprometidas coa difusión do software libre. A Universidade da Coruña, sitúase no cuarto posto, a de Santiago de Compostela en sexto lugar, e a de Vigo no décimo posto. Os resultados publicados polo Ranking de Universidades en Software Libre indican que a nosa comunidade está en segundo lugar a nivel nacional, despois das Illas Canarias.
Un ano máis, a Universidad de Granada, consegue situarse como a universidade española que máis comprometida está co software libre, e aproveitamos para darlles os parabéns ao equipo da súa Oficina de software libre, que ten colaborado coa nosa comunidade en diferentes ocasións nos últimos anos.
A Oficina de software libre do CIXUG, a través do seu coordinador, colaborou con PortalProgramas na elaboración e revisión dos criterios que se utilizaron para obter os resultados finais do ranking.
O RuSL é un estudo realizado polo Observatorio Tecnológico PortalProgramas, que conta coa colaboración dun equipo de expertos en software libre e responsables das principais universidades españolas (como Ricard Faura i Homedes, xefe de Servicio de Sociedad del Conocimiento na Dirección General de Telecomunicaciones y Sociedad de la Información, Generalitat de Catalunya). Foron avaliadas 76 universidades españolas baixo 65 criterios repartidos en 11 competencias diferentes.