O próximo venres, 25 de abril, terá lugar na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, a I Xornada OpenERP, na cal participará a Oficina de software libre co relatorio “Aplicaciones de código abierto en el entorno empresarial“. A xornada, que terá lugar no salón de actos da EEI, dará comezo ás 9:30 da mañá, e rematará ás 13:30 cunha mesa redonda.
Ao longo da xornada amosaránse as posibilidades do sistema de xestión empresarial OpenERP, tanto dende o punto de vista funcional como técnico, e contará coa participación das empresas galegas, Pexego e Anubía. Ámbalas dúas, cunha ampla experiencia na implantación deste ERP en contornas empresariais.
O obxectivo é que os asistentes coñezan o verdadeiro potencial destas solucións, e poidan aplicalas con éxito na súa actividade profesional.
Programa da xornada:
- 09:30 – Apertura da xornada
- 09:45 – “Aplicaciones de código abierto en el ámbito empresarial” – Rafael Rodríguez (OSL-CIXUG)
- 10:30 – “La importancia de los sistemas ERP en la gestión empresarial. La solución de código abierto OpenERP – Wilfredo Santana (Anubía, soluciones en la nube)
- 11:45 – Descanso
- 12:00 – “Caso de uso. Cómo nos puede ayudar el OpenERP en el desarrollo de un proyecto” – Luis Eguizabal (Profesor del DTE de la EEI)
- 12:30 – “Aspectos clave en el desarrollo de un proyecto de implantación de un ERP” – Santiago Argüeso (Pexego, sistemas informáticos)
- 13:30 – Mesa redonda
OpenERP é un completo sistema de xestión empresarial (ERP) que está liberado baixo unha licenza AGPLv3, que cubre as principais necesidades que pode ter unha empresa nos seus diferentes departamentos: contabilidade, ventas, compras, almacén, loxística, CRM, etc. Permite traballar mediante unha interface web, e pode utilizarse en diferentes plataformas (Windows, GNU/Linux e Mac)